top of page

A Wix de A Veiga

#onosocoledaveiga

Unha vida no rural. Natureza e educación collidas da mau. Estamos eiquí, ao pé de Trevinca, para disfrutar da nosa etapa educativa coa maior das paixóns posibles. Dende o CEIP Eduardo Ávila Bustillo propoñemos esta ferramenta para proxectar as nosas ideas e compartir as nosas inquietudes. Séntate, reláxate e disfruta dos nosos momentos nunha contorna sen límites e dun prezo inmensurable.

Inicio: Bienvenidos

Benvidos

Explora e disfruta

-curso académico 2019/2020-

Inicio: Bienvenido

Transhumancia

Saída co CEIP Vilariño de Conso a O Cenza

A primeria saída do ano, chea de emocións e sorpresas. Coñecemos en primeira persoa, da man de Julio Martínez, o perigoso oficio de transhumar que aínda a día de hoxe se conserva na montaña ourensá. En concreto se sigue facendo en Manzaneda e Vilariño de Conso. Unha fermosa viaxe que nos levou ao interior dos curros e ao foxo dos lobos onde os cazadores atrapaban estes exemplares cunha trampa milenaria (unha cruz natural de arboleda cun foxo no punto de intersección). Pequenas historias e grandes descubrimentos coma o enorme abano de usos das uces, así como unha chea de imaxinación que nos proporcionou meternos na pel do pastor que loita por unha supervivencia no maior dos asilamentos posibles durante 4 meses e unhas condicións de climatoloxía extrema. Dende o val do Cenza visualizamos as Serras de Chandrexa de Queixa, Manzaneda e Vilariño. Rematamos o día cunha comida en convivencia co CEIP VIlariño de Conso. Un auténtico luxo esta invitación. Paixón polo noso.

Inicio: Portafolio

A ilusión de crear libremente. Cesar Freiría achegounos a posibilidade de crear coas nosas mans e os recursos naturais. Aprender a aprender, unha das máis preciadas competencias clave do noso currículo. Todo un luxo.

 Sociedade Cooperativa

Obradoiro Miudiño

Inicio: Cita
Inicio: Pro Gallery

Curso Académico 2019-2020

Novos proxectos con continuidade

Inicio: Titular

Noticias

Esta é a sección de Noticias relacionadas cos proxectos cinematográficos do CEIP da Veiga. Recordamos que esta sección será actualizada periódicamente, así que suxerimos revisala frecuentemente para ver titulares e cobertura.

Inicio: Noticias

A Consciencia

cartel2.jpg
Inicio: Video Player
19-12-18-2750.jpg

Proxecto

Radio A Veiga (RAV)

Primeira gravación do programa de radio do CEIP Eduardo Ávila Bustillo. Baixo o sobrenome de "Coa mirada nas estrelas", a RAV inicia un novo proxecto máis ambicioso neste curso académico 2018/2019 cunha primeira gravación dividida en tres cortes que poderedes escoitar ademáis a través da APP iVoox, unha aplicación adicada á radiodifusión.

_C170179.JPG

"Coa mirada nas estrelas"

Adaptación dun espazo

Este proxecto arranca o ano con poucos medios pero coa intención clara de alimentar a súa propia rodaxe. Tras un primeiro estudo das posibilidades acústicas e sonoras dos espazos á nosa disposición, cremos ter a solución. Pouco a pouco vai collendo forma e, mentres, xogamos e disfrutamos das posibilidades infinitas deste marabilloso reto. Un traballo interdisciplinar que exprime as nosas competencias ao máximo e ofrece a millor versión de nós.

Inicio: Proyectos
Inicio: Music Player

RAV

"Coa mirada nas estrelas"

Estes son os fotogramas sacados da gravación do primeiro programa de Radio  a Veiga (RAV). No improvisado estudio montado na aula de música pódese observar o noso traballo durante o proceso. A gravación dos 3 cortes foi feita na mañá do 19 de decembro de 2018.

Inicio: Galería de fotos
Últimos vídeos

Últimos vídeos

Mirar ahora
Inicio: Video Player
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Inicio: Blog2
Inicio: Suscribirme

Chámanos

Gracias polo teu interese en CEIP da Veiga. Para máis información, non dudes en contactarnos.

Rúa Entre Caldeiras S/N
32360 A Veiga, Ourense, España

988-35-00-77

Thanks for submitting!

PSX_20180921_202941.jpg
Inicio: Contact
bottom of page